Inicio arrow Metal; Construc; Afíns (MCA)
 
     
Actualidade
Metal; Construc; Afíns (MCA)
Manifestación en defensa de ALCOA. Venres 12 de decembro ás 19 h dende a Palloza Imprimir E-Mail
Escrito por MCA-UGT Coruña   
miércoles, 10 de diciembre de 2014
Foto: Manifestación 12 decembro ás 19:00 Non ao peche de Alcoa na Coruña
Modificado o ( domingo, 14 de diciembre de 2014 )
 
UGT esixe unha investigación sobre Hércules Armamento Imprimir E-Mail
Escrito por MCA-UGT Coruña   
viernes, 07 de noviembre de 2014

UGT esixe unha investigación sobre a nova concesionaria de Santa Bárbara

 

Enlace permanente de imagen incrustada

UGT alerta dun posible delito de falsidade documental e fraude fiscal por parte da adxudicataria de Santa Bárbara, Hércules de Armamento.

Antigos traballadores da fábrica de armas e afiliados de UGT solicitaron onte no Rexistro Municipal da Coruña que o concello e o alcalde, Carlos Negreira fagan "as actuacións necesarias para evitar un posible delito de falsidade documental e fraude fiscal" por parte de Hércules de Armamento, a compañía adxudicataria da planta.
 
Durante unha concentración celebrada o pasado venres na praza de María Pita, o secretario xeral de UGT- MCA Coruña, Roberto Teijido, pediu ás administracións "implicación" para investigar un concurso "ilegal" pois, "segundo a documentación que manexamos, a empresa "non" está ao día nas súas obrigas tributarias".
Modificado o ( martes, 11 de noviembre de 2014 )
 
Os traballadores denuncian o desmantemento de Cerámicas do Castro en Sada Imprimir E-Mail
Escrito por MCA-UGT Coruña   
miércoles, 15 de octubre de 2014

Os traballadores denuncian o desmantemento de Cerámicas do Castro en Sada

 

O Comité de Empresa e os Sindicatos UGT e CIG denunciaron onte o seu temor ante o proceso de desmantelamento de liñas de produción fundamentais para o seu funcionamento, que está a levar a cabo a Dirección da Empresa, por ordes expresas de Segismundo García Rodríguez; recentemente nomeado novo Presidente do Consello de Administración do Grupo Sargadelos.

Dende o pasado 9 de setembro comezouse a embalar para o seu posterior traslado á Fábrica de Sargadelos en Cervo (Lugo) varios moldes, matrices, modelos e plantillas para a fabricación de pezas de porcelana que sempre se elaboraron na Pranta de O Castro, en Sada, onde orixinariamente foron deseñadas.

Ante a inquedanza existente nos empregados de Cerámicas do Castro polo que isto pode conlevar, xa que se desmantela a liña de produción máis rentable e que estaba a contar con máis carga de traballo, o Comité de Empresa solicitou unha reunión urxente co Presidente do Consello de Administración para que se lles informara das causas e as consecuencias que esta decisión podería repercutir sobre a situación da empresa e a evolución do emprego na mesma, sen recibir a día de hoxe contestación afirmativa a dita solicitude de reunión.

Estase conculcando os Dereitos de información e consulta que como Órgano de Representación dos traballadores posúen, máis ben o contrario, a partir de dita solicitude todo son atrancos para a celebración de reunións entre a representación sindical e os traballadores fora do horario laboral e sen interromper o ritmo de traballo, circunstancia esta que nunca antes se dera con anterioridade en Cerámica do Castro, e que poñen de manifesto o absoluto desprezo que Segismundo García Rodríguez sinte cara os Representantes Lexítimos e Legais dos traballadores e os Sindicatos en xeral. Ademais, o Comité de Empresa tamén solicitou reunirse co administrador concursal designado polo Xuíz do Mercantil, quen sí accedeu a tal requirimento, e a quen se lle informou do que estaba a a pasar en referencia aos traslados de material antes suliñados, e de que ninguén informara ao Comité de Empresa, afirmando que descoñecía estes feitos e que dende logo el non tería autorizado estes traslados, nin ordenara o cese de actividade de ningunha das dúas factorías (Sada e Cervo) ofrecéndose, asimesmo, a interceder para que a Dirección da Empresa se reunise co Comité de Empresa.

Estes feitos foron postos tamén en coñecemento do Alcalde de Sada, en reunión celebrada no Edificio do Concello o 15 de Setembro, quen amosou a súa preocupación e a súa vontade de realizar xestións perante a Dirección da Empresa e a Xunta de Galicia, e que no prazo dunha semana esperaba poder dicirlle algo ao respecto aos representantes dos traballadores.

Ante todo isto, e á vista de que a Dirección da Empresa segue sen recibir ao Comité pese as xestións feitas ante o administrado concursal e o Alcalde de Sada, e ante o descoñecemento do que a Dirección planea ao respecto do futuro da Fábrica, o Comité decidiu poñer estes feitos en coñecemento da Inspección de Traballo, e tamén da cidadanía, xa que todo parece indicar que estamos ante unha vontade clara por parte da Dirección de Cerámicas do Castro, S.L. e Sargadelos, S.L.de deixar a fábrica de O Castro sen carga de traballo nas súas áreas máis rentables e sen sequera capacidade real para desenvolver traballos fundamentais. 

Isto só pode interpretarse como unha mala fe por parte da Dirección para facer inviable a Cerámicas do Castro, e polo tanto vulneración das causas que alegou a Dirección para xustificar tanto os sucesivos EREs (especialmente do último que supuxo o despido de 29 traballadoras e traballadores na Pranta do Castro e 41 en Cervo, que a Dirección alegaba como necesarios para garantir a viabilidade das dúas fábricas, e que, cando se vai cumprir un ano, aínda seguen sen cobrar a indemnización, e a meirande parte deles rematan o dereito a cobrar a prestación por desemprego dentro de 5 meses) como o Concurso de Acredores, e a motivación das subvencións e axudas recibidas por parte da Xunta de Galicia no pasado de cara ao mantemento dos postos de traballo. Salientar ademais, en liña co exposto, que o vindeiro día 15 de Outubro están fixadas sendas convocatorias de Xuntas Xerais Extraordinarias de Socios na Fábrica de O Castro ás 10:30 horas e na Fábrica de Sargadelos en Cervo ás 17:00 horas, nas que na Orde do Día, entre outros, vaise prantexar a fusión das dúas fábricas...

Modificado o ( jueves, 16 de octubre de 2014 )
Leer más...
 
4 outubro: Concentracion de apoio á Fabrica de Armas Imprimir E-Mail
Escrito por MCA-UGT Coruña   
jueves, 02 de octubre de 2014
Modificado o ( lunes, 13 de octubre de 2014 )
 
Folga dos traballadores de GES SIEMSA contra o ERE anunciado pola empresa Imprimir E-Mail
Escrito por MCA-UGT Coruña   
miércoles, 23 de julio de 2014

Folga dos traballadores de GES SIEMSA contra o ERE anunciado pola empresa

 

 Os traballadores e traballadoras de GES en Galicia, reunidos en asemblea, decidiron secundar as convocatorias de folga e paros prantexadas pola mesa negociadora do ERE, e acudir a Madrid en autobuses, no primeiro día de folga, 23 de xullo, para manifestarse xunto cos compañerios doutros centros que o grupo ten no resto do Estado. 

Modificado o ( martes, 23 de agosto de 2016 )
 
Concentración dos traballadores de GES SIEMSA na Coruña en contra do ERE Imprimir E-Mail
Escrito por MCA-UGT Coruña   
martes, 15 de julio de 2014

Concentración dos traballadores de GES SIEMSA contra o ERE anunciado pola empresa 

 

 Concentración dos traballadores de GES SIEMSA na Coruña o pasado luns en contra do ERE que a empresa quere levar a cabo.

Nunha mostra de unidade, o comité de empresa procedeu a ler un comunicado conxunto explicandolles aos compañeiros as novidades das negociacións que se están a levar a cabo en Madrid. As mobilizacións da plantilla continuarán nos vindeiros días.

Modificado o ( viernes, 18 de julio de 2014 )
 
Aniversario da loita pola reapertura da fábrica de armas Imprimir E-Mail
Escrito por MCA-UGT Coruña   
miércoles, 02 de julio de 2014
Modificado o ( miércoles, 02 de julio de 2014 )
 
UGT gaña o conflicto laboral contra a empresa ZARDOYA OTIS Imprimir E-Mail
Escrito por FCTX-UGT Coruña   
miércoles, 30 de abril de 2014

UGT gaña o conflicto laboral contra a empresa ZARDOYA OTIS

 

Os Delegados de MCA-UGT en Zardoya Otis, S.A., asistidos polos Servizos Xurídicos do Sindicato conseguen un éxito na súa loita polos dereitos de todos os traballadores da Delegación da Coruña.

Grazas á demanda de Conflito Colectivo interposta polos Delegados de MCA-UGT no Comité de Empresa de Zardoya Otis, S.A. de A Coruña, a empresa dá marcha atrás nas súas pretensións e repón aos traballadores nas condicións que tiñan anteriormente e que a empresa modificara unilateralmente.

O día 23 de Abril, data sinalada para o Acto do Xuízo, non fixo falta entrar na Sala, xa que a empresa admitiu previamente no Acto de Conciliación todos os termos da demanda, mantendo así o sistema de confección dos Servizos de Gardas e 24 Horas coas condicións en que se realizaban antes da modificación substancial imposta pola empresa.

É de reseñar que os dous delegados cos que MCA-UGT conta no Comité de Empresa de Zardoya Otis, S.A., na Coruña foron elixidos o pasado 14 de Outubro de 2013, non tendo este Sindicato representación ata a data.

Por todo iso, desde MCA-UGT queremos felicitar a estes dous compañeiros e en extensión a todos os traballadores de Zardoya Otis que os acompañaron na súa loita pola defensa dos seus dereitos laborais na cal nos enorgullece acompañarlles.

Modificado o ( miércoles, 30 de abril de 2014 )
 
O Tribunal Supremo desestima a o recurso de ARIAS Hermanos Construcciones Imprimir E-Mail
Escrito por MCA-UGT Coruña   
lunes, 14 de abril de 2014

O Tribunal Supremo desestima a o recurso de ARIAS Hermanos Construcciones e confirma a sentenza do TSXG contraria ao despido colectivo

 

A sala do social do Tribunal Supremo ratificou, en sentenza de 12 de marzo, a sentenza do TSXG do pasado 29/10/2012, que declara “non axustado á dereito” o despido colectivo de 28 traballadores por parte da empresa Arias Hermanos. Dito despido colectivo fora impugnado polo Comité de Empresa, no que MCA conta con 5 dos 9 membros, a través dos servizos xurídicos do sindicato.

MCA- UGT Coruña manifesta a súa satisfaccion ante a resolución do Tribunal Supremo, que da a razón aos traballadores despedidos ante a actuación da nova directiva da empresa. A construtora terá que readmitir aos 28 traballadores ou indemnizalos con 45 días por ano traballado (previsto no caso de despido improcedente).

MCA quere manifestar, así mesmo, que a dirección da empresa segue a tomar as decisións sobre as condicións laborais de forma unilateral, sen contar coa representación dos traballadores/as.

Arias Hermanos négase a negociar co Comité de Empresa, rompendo a tradición do antigo equipo directivo de dialogar cos traballadores en todos aqueles asuntos referidos ás condicións sociolaborais da plantilla, así como tamén naqueles que afectaban á pervivencia da empresa e o mantemento do emprego.

Modificado o ( lunes, 14 de abril de 2014 )
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Siguiente > Final >>

Resultados 20 - 38 de 120
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE