|
documental Las maestras de la República |
|
|
|
Escrito por FETE-UGT
|
|
jueves, 23 de mayo de 2013 |
FETE-UGT proxecta o documental Las maestra de la República na Coruña
Hoxe 23 de maio ás 19:00h na Escola Oficial de Idiomas da Coruña, FETE-UGT proxecta un documental no que se homenaxea ás mestras da República. Introducirán o acto Ana J. López Díaz, Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña, e Ana Romero Masiá, Catedrática de Xeografía e Historia e autora de numerosos artigos e libros de investigación histórica. A educación constituiu un dos compromisos sociais da II República, que propugnou unha educación pública, obrigatoria, gratuita, activa, laica, bilingüe e solidaria co fin de terminar coa secular discriminación por sexo ou clase social. Dentro deste proxecto de educación as mestras republicanas, que encarnaban o modelo de mulleres modernas e independentes, ocuparon un lugar privilexiado. En boa medida foron elas as responsables da construción e difusión dunha nova identidade cidadá, ao educar aos seus alumnos nos valores de igualdade, liberdade e solidariedade tanto a través da transmisión de contidos nas aulas como, sobre todo, coas súas vivencias persoais, que levaron aos lugares máis apartados de España. FETE-UGT, con este documental, quere lembrar a todas estas mulleres, dar a coñecer o seu traballo e agradecer o seu compromiso e sacrificio por unha das máis nobles tarefas: a educación. En representación destas mulleres, homenaxearemos a Regina e Salomé García Goyanes, mestras da República en Fonsagrada e Pobra de Brollón, na persoa de Ana López Díaz, sobriña neta destas. |
|
Modificado o ( jueves, 23 de mayo de 2013 )
|
|
|
Folga xeral no ensino |
|
|
|
Escrito por FETE-UGT
|
|
jueves, 09 de mayo de 2013 |
|
|
|
Modificado o ( jueves, 23 de mayo de 2013 )
|
|
|
FETE-UGT pide dimisións pola mala xestión no centro da Rabadeira en Oleiros |
|
|
|
Escrito por FETE-UGT
|
|
miércoles, 05 de diciembre de 2012 |
FETE-UGT pide dimisións e responsabilidades pola mala xestión da Consellería de Educación. FETE-UGT e as outras forzas sindicais celebraron onte unha asamblea onde escoltaron as demandas do profesorado,que se sente ninguneado pola Administración. Como consecuencia FETE-UGT e as demais organizacións sindicais pedirán responsabilidades á administración educativa,e,a dimisión dos responsables desta “desfeita” pedagógica. FETE-UGT velará polos dereitos dos profesores da Rabadeira,vítimas circunstanciais duns pais irreflexivos que na súa terquedade trastocaron o bo clima de traballo que existía no devandito centro,causando enfrentamentos entre os profesores que apoian o equipo saínte e a nova dirección,nomeada transitoriamente e desbordada polos acontecementos. A dimisión do anterior equipo directivo, aceptada con celeridade por plantarlle cara á Consellería, provocou cambios importantes nos horarios e nas gardas de todo o profesorado. FETE UGT Coruña considera responsable dos problemas do centro á Consellería de Educación, por non ser capaces de solucionar estes problemas máis que con “recursos de alzada” para os pais e imposición aos equipos directivos,que facendo ben o seu traballo cargan coa culpa dos seus superiores. FETE UGT reiterará a través da XUNTA de PERSOAL DOCENTE a súa petición de información e aceso a tódala información referida ó caso,incluído o recurso de alzada dos pais e mais do alumnado. |
|
Modificado o ( miércoles, 05 de diciembre de 2012 )
|
|
|
Apoio de FETE ao equipo directivo do CEIP Rabadeira |
|
|
|
Escrito por FETE-UGT
|
|
martes, 27 de noviembre de 2012 |
FETE-UGT pedirá na próxima Xunta de Persoal o apoio ao equipo directivo sainte do CEIP A Rabadeira FETE-UGT introduciu na orde do día da Xunta de persoal que se celebrará o mércores 28 unha petición de apoio ao equipo directivo saínte do CEIP A Rabadeira, que espera secunden as demais forzas sindicais. Como xa é coñecido, ante as presións da Consellería de Educación para crear unha vacante de comedor específica para un fillo dun alto cargo da Xunta o equipo directivo da Rabadeira viuse obrigado a dimitir. FETE-UGT buscará o consenso e o apoio do resto dos membros da Xunta de Persoal Docente para sacar adiante unha resolución de apoio explícito ao equipo directivo saínte e unha reparación do seu honor polas mentiras verquidas desde a Consellería. Ademais FETE-UGT quere saber como a consellería vai afrontar os problemas creados no funcionamento do centro, horarios e gardas trastocados por mor das súas decisións. |
|
Modificado o ( miércoles, 05 de diciembre de 2012 )
|
|
|
ASEMBLEA INFORMATIVA "Novo Convenio do Ensino Concertado" |
|
|
|
Escrito por fete-ugt
|
|
jueves, 15 de noviembre de 2012 |
|
ASEMBLEA INFORMATIVA "Novo Convenio do Ensino Concertado" FETE- UGT Coruña celebrará o xoves 15 de novembro, ás 19:00 horas una asemblea informativa sobre as negociacións do novo convenio de concertada. É importante a asistencia para ter as vosas impresións e poder comunicalas a nivel estatal. Esperamos contar coa vosa presenza.Agardámoste. XOVES 15 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 NO 1º ANDAR NA SEDE DE UGT AVDA FERNÁNDEZ LATORRE, 27 2º (CUATRO CAMINOS) |
|
Modificado o ( jueves, 15 de noviembre de 2012 )
|
|
|
Educación |
|
|
|
Escrito por FETE-UGT
|
|
jueves, 09 de agosto de 2012 |
|
UGT considera que la modificación de los temarios de Educación para la Ciudadanía, responde al escaso interés del partido político, hoy en el Gobierno, por una asignatura que siempre les ha molestado... |
|
Modificado o ( jueves, 09 de agosto de 2012 )
|
|
Leer más...
|
|
|
A Xunta reducirá os concertos cos centros privados nun 4,5% |
|
|
|
Escrito por FETE-UGT
|
|
lunes, 30 de julio de 2012 |
O conselleiro Jesús Vázquez asegura aos representantes de FETE-UGT, CCOO, FSIE e USO que se fará unha redución na masa salarial dos docentes equivalente ao 4’5 % Como xa informamos (www.feteugtgalicia.es) o RD lei 20/2012 establece un recorte no módulos de concertos dos salarios, un 4’5% no de gastos variables e o 1’5% no de “outros gastos”. As organizacións sindicais solicitamos á Consellería a reunión da CTEPC para que se clarificase a repercusión que isto ía ter para os traballadores do ensino concertado en Galicia. Ao pouco tempo enterámonos de que as organizacións empresariais foran convocadas o 19 de xullo polo Consellerior para tratar este asunto, entre outros. Tamén nos chega o rumor de que se nos suprimirá íntegra a paga extra de decembro, o que supón unha redución superior ao 4’5% da establecida no decreto. Así as cousas, os representantes sindicais de FETE-UGT, CCOO, FSIE e USO decidimos ir falar, sen previa cita, co Conselleiro para que nos dea as explicacións pertinentes. Así o fixemos. Ás 12:30 do día 27 presentámonos no seu despacho e, para sorpresa nosa, recibiunos.' FETE-UGT e demais OOSS expresámoslle a nosa indignación pola discriminación que supón convocar aos representantes das organizacións empresariais e non facer o propio cos representantes dos traballadores. Preguntado o Conselleiro sobre a repercusión do decreto responde que se aplicará unha redución do 4’5% na masa salarial, é dicir, salario base e complemento autonómico. Engadiu que esta redución se aplicará na paga extra de decembro e asegurou que se convocaría a CTEPC para aclarar este asunto. En fin, unha vez máis a Administración educativa demostrou o seu desprezo polos traballadores e os seus representantes, ignorándoos olímpicamente. |
|
Modificado o ( lunes, 30 de julio de 2012 )
|
|
|
Puntos máis importantes da reforma laboral |
|
|
|
Escrito por FETE-UGT
|
|
martes, 17 de julio de 2012 |
Unha reforma que nos prexudica a todos 1. A empresa pode distribuír de maneira irregular ata o 10% da xornada anual de traballo (texto anterior rajoyniano: 5% [EMPEORA]). 2. Baixa por enfermidade: o contrato poderá extinguirse por faltas de asistencia ao traballo, ainda xustificadas pero intermitentes sempre que alcancen o 20% das xornadas hábiles en 2 meses consecutivos ou o 25% en catro meses discontinuos dentro dun período de 12 meses... |
|
Modificado o ( jueves, 09 de agosto de 2012 )
|
|
Leer más...
|
|
|
Conflito paga de antigüedade |
|
|
|
Escrito por FETE-UGT
|
|
lunes, 11 de junio de 2012 |
O TSXG da a razón a FETE-UGT sobre o dereito á paga de antigüedade na empresa …declaramos el derecho de los trabajadores afectados por el presente conflicto a percibir de la Administración autonómica la paga extraordinaria por antigüedad en la empresa, previa habilitación de la oportuna partida presupuestaria… Este é o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no conflito colectivo presentado por FETE-UGT e CCOO contra a Consellería de Educación. Sen dúbida é un éxito que o TSX de Galicia recoñeza de forma tan explícita o dereito dos traballadores a percibir a paga por antigüidade na empresa. De todas formas aínda non podemos abrir o champán pois a Consellería ten dez días para recorrer a sentenza e, coñecéndoos non nos estranaría nada que o fixera. Mais, aínda así, debemos felicitarnos polo fallo desta sentenza que pode contribuír a solucionar dunha forma definitiva o problema do aboamento da paga de antigüidade. |
|
Modificado o ( lunes, 11 de junio de 2012 )
|
|
|
3.000 personas protestan en A Coruña contra los recortes en educación |
|
|
|
Escrito por UGT Coruña
|
|
miércoles, 23 de mayo de 2012 |
3.000 personas protestan en A Coruña contra los recortes en educación Máis de 3.000 persoas concéntranse na Coruña contra os recortes en educación nunha manifestación que partiu na tarde de onte da praza da Palloza. A concentración foi convocada polos sindicatos do ensino e secundada por numerosas asociacións de estudantes e de nais e pais da comarca |
|
Modificado o ( miércoles, 23 de mayo de 2012 )
|
|
|