Actualidade
Contacto
Miles de persoas mobilízanse en Santiago contra a discriminación laboral na Xustiza galega Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
martes, 27 de febrero de 2018

Miles de persoas mobilízanse en Santiago contra a discriminación laboral na Xustiza galega                        Miles de persoas mobilízanse en Santiago contra a discriminación laboral na Xustiza galega

                                             Os traballadores levan dende o 7 de febreiro en folga indefinida

​Miles de persoas saíron ás rúas compostelanas o pasado día 24 para a denunciar a discriminación que sofren os traballadores da Xustiza galega en relación aos seus compañeiros dependentes doutras administracións autonómicas.

Reclaman que se iguales as súas condicións salariais e sociais xa porque a igual traballo iguales dereitos.

Os traballadores da Xustiza galega xa levan dende o 7 de febreiro secundando, de xeito masivo día tras día, a folga indefinida convocada por FeSP-UGT, xunto co resto dos sindicatos que os representan.

A folga indefinida na Xustiza galega continúa cun seguimento masivo e sen fisuras por parte dos traballadores do sector.

Os traballadores afirman que non decaerán no ánimo mobilizador ata que a Xunta non se sente a negociar cunha proposta seria por diante. Os puntos de desencontro continúan aí e a Xunta non achega nada para pechalos, polo que a folga continuará. A última oferta achegada pola Xunta na reunión da EGAP non fai unha proposta suficiente para poñerlle fin a esta folga.


Non existe o compromiso de eliminar os descontos por IT (a pesar de que xuices e secretarios non os sofren); en materia económica os sindicatos demandan situar aos traballadores da Xustiza galega na media do resto do Estado e a Xunta fai unha proposta que non inclúe as medias reais, senón unha interpretación interesada das mesmas. No CGRL xa había un acordo para restituír as 106 prazas destruídas nestes anos, de novo a Xunta obvia comprometerse de forma clara neste senso; en canto á necesidade de aboar as substitucións dun corpo superior, tampouco existe un compromiso concreto; e tampouco quere concretar a Xunta un acordo sobre a creación das prazas pendentes.
Modificado o ( jueves, 01 de marzo de 2018 )
 
FSP-A CORUÑA Imprimir E-Mail
Escrito por FSP-UGT   
miércoles, 05 de febrero de 2014
PODES ATOPARNOS EN:

 R/ Fernández Latorre, nº 27,3º. 15.006 - A Coruña

Telf. 981 24 84 71

Fax: 981 24 90 41

Email: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla


COMISIÓN EXECUTIVA PROVINCIAL DA FSP – UGT A CORUÑA

CONGRESO 16/NOVEMBRO/2013

Sº Xeral: Yago de Ron Fdez-Mosquera

Sº de Organización e Formación: Xosé Amancio Facal Turnes

Sº Administración: Alfredo Amor Sánchez

Sª Política Sindical: Fina Martínez Bao

Sª Comunicación: Pilar Rey Varela

Sª Muller e Igualdade: Ana Mª Varela-Portas García

Sª Saúde Laboral: Mónica Ramos Gende

Sª AXE: Teresa Aira Pérez

Sº Admón. Autonómica: José Carlos Rocha Arrúe

Sº Admón Local: José Ángel Varela Moure

Sº Saúde e Servicios Sociosanitarios:  Antonio Golpe Díaz

Sº Sector Postal: Antonio Manso Bouza

Modificado o ( miércoles, 05 de febrero de 2014 )
 
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE