Actualidade
Actualidade
Multitudinaria manifestación dos traballadores da Xustiza galega Imprimir E-Mail
Escrito por UGT XUSTIZA   
miércoles, 25 de abril de 2018

Multitudinaria manifestación dos traballadores da Xustiza galega para demandar unha solución ao conflito e o fin da discriminación laboral e salarial que sofrenMultitudinaria manifestación dos traballadores da Xustiza galega para demandar unha solución ao conflito e o fin da discriminación laboral e salarial que sofren


​Miles de traballadores da Xustiza galega mobilizáronse este sábado polas rúas de Santiago, cando se cumprían dous meses do inicio da folga indefinida no sector contra a discriminación laboral e salarial que sofren.

Lembrar que xa van dous meses de folga, de mobilizacións continuas e sostidas no tempo e de xuntanzas coa Xunta sen solución ao conflito.

Os traballadores da Xustiza galega insisten en demandar da Xunta unha solución digna que remate coa discriminación salarial e laboral que sofren.

Á vista de que a Xunta non pon enriba da mesa unha proposta que remate xa con esta situación de discriminación, a folga continúa e as mobilizacións. 

A manifestación saíu ás 12.00 horas da Alameda compostelana e rematou na Praza da Quintana.
Modificado o ( miércoles, 25 de abril de 2018 )
 
Continúa a folga na Xustiza galega cun amplo seguimento e mobilizacións na rúa Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
viernes, 16 de febrero de 2018

   Continúa a folga na Xustiza galega cun amplo seguimento e mobilizacións na rúa

​A folga indefinida na Xustiza galega continúa cun seguimento masivo e sen fisuras por parte dos traballadores do sector.

Os puntos de desencontro continúan aí e a Xunta non achega nada para pechalos, polo que a folga continuará. A última oferta achegada pola Xunta na reunión da EGAP non fai unha proposta suficiente para poñerlle fin a esta folga.

Non existe o compromiso de eliminar os descontos por IT (a pesar de que xuices e secretarios non os sofren); en materia económica os sindicatos demandan situar aos traballadores da Xustiza galega na media do resto do Estado e a Xunta fai unha proposta que non inclúe as medias reais, senón unha interpretación interesada das mesmas. No CGRL xa había un acordo para restituír as 106 prazas destruídas nestes anos, de novo a Xunta obvia comprometerse de forma clara neste senso; en canto á necesidade de aboar as substitucións dun corpo superior, tampouco existe un compromiso concreto; e tampouco quere concretar a Xunta un acordo sobre a creación das prazas pendentes.

Mobilizacións en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

Ademais da folga, que hai que lembrar que comezou o pasado día 7 de febreiro, este xoves, día 15, tiveron lugar en Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo sendas mobilizacións nas rúas destas cidades nas que os traballadores e traballadoras da Xustiza galega reclamaron que se atendan as súas demandas xa.​
Modificado o ( jueves, 22 de febrero de 2018 )
 
UGT CHAMA Á PARTICIPACION NA MANIFESTACION DO 4-F CONTRA A REFORMA DA SANIDADE Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
lunes, 29 de enero de 2018
MANIFESTACIÓN PARA DEFENDER A NOSA SANIDADE PUBLICA: NON A ESTA LEI DE SAUDE!

 

Foto de FESP UGT Galicia. Saúde.
A modificación da Lei 8/2008, de Saúde de Galicia, que pretende o goberno do Partido Popular, incrementa cualitativamente a deterioración da sanidade pública en beneficio da sanidade privada, ao reducir o número de Áreas sanitarias, afastan os servizos dos territorios onde existe maior dispersión, peores condiciones socio-laborais, incrementos de poboación de carácter estacional e peores vías de comunicación.
 
A Xestión afástase dos territorios e da cidadanía, que xa non vai ser oída nin para expresar cales son as súas necesidades de saúde.

Este goberno non cre na participación social, nin sequera en órganos consultivos.

Reduce os ámbitos electorais de 10 a 7, coa consecuente redución do número de representantes lexítimos das persoas traballadoras do sistema, co que o goberno consegue outro dos obxectivos da súa folla de ruta, a diminución de denuncias da deterioración do sistema por parte da representación das traballadoras e traballadores.

Ante esta nova agresión á Sanidade Pública, UGT empraza a participación activa na manifestación que se realizará en Santiago día 4 de febreiro que sairá da Alameda de Compostela, como medida de presión para que se retire a reforma da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia.
Modificado o ( miércoles, 07 de febrero de 2018 )
Leer más...
 
RECUPERACIÓN DE DEREITOS E SALARIOS - CONTINUAN AS MOBILIZACIÓNS Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
lunes, 18 de diciembre de 2017

 

Continuamos ca campaña de mobilizacións

ESSA PARA CONXELAR SALARIOS DAS EMPREGAAS E

 

  O 19 de decembro

delegados e delegadas de FeSP-UGT e de

CCOO concéntranse diante do Parlamento de Galicia

 

A PRÓRROGA DOS PRESUPOSTOS XERAIS DO ESTADO NON É ESCUSA PARA QUE A XUNTA DE GALICIA NON CONTEMPLE NOS ORZAMENTOS 2018 RESTITUIR SALARIOS, EMPREGO E DEREITOS ROUBADOS

 


Modificado o ( lunes, 29 de enero de 2018 )
 
RECUPERACIÓN DE DEREITOS E SALARIOS - CONTINUAN AS MOBILIZACIÓNS Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
miércoles, 06 de diciembre de 2017

 

Continuamos ca campaña de mobilizacións

ESSA PARA CONXELAR SALARIOS DAS EMPREGAAS E

O 14 de decembro delegados e delegadas de FeSP-UGT e de FSC-Área

Pública-CCOO de toda España, participan na Manifestación, saída as 12

horas dende a Praza de Cibeles ata Sevilla, a que asistirán os Secretarios

Xerais de UGT, Pepe Álvarez, e de CCOO, Unai Sordo.

 

A PRÓRROGA DOS PRESUPOSTOS XERAIS DO ESTADO NON É ESCUSA PARA NON RESTITUIR SALARIOS, EMPREGO E DEREITOS ROUBADOS

 

RECUPERACIÓN DE SALARIOS EMPREGO E DEREITOS

 

Modificado o ( lunes, 18 de diciembre de 2017 )
 
UGT e CCOO reclaman ás administracións que retomen as negociacións sobre salarios e emprego público Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
lunes, 20 de noviembre de 2017

UGT e CCOO reclaman aos gobernos central e galego retomar a negociación sobre salarios e emprego público

A Federación de empregadas e empregados dos Servizos Públicos (FeSP-UGT) e a Área Pública de CCOO acordaron iniciar unha campaña conxunta de mobilizacións baixo o lema “Agora: salarios, emprego público e dereitos”, que se presentou hoxe en rolda de prensa en Santiago.

O calendario de mobilizacións comezará o venres día 24 de novembro con concentracións de delegadas e delegados en A Coruña (Delegación do Goberno), Lugo, Ourense e Pontevedra (nestes casos fronte ás respectivas subdelegacións do Goberno) a partir das 11.30 horas. Do mesmo xeito que se vai facer no resto do Estado nas capitais de provincia.

 
Ambas organizacións manteñen, non obstante, a súa disposición ao diálogo e diríxense ao Ministerio de Facenda e Función Pública e á Xunta de Galicia, así como aos concellos, para que abran un espazo de negociación real nos seus respectivos eidos e segundo as súas competencias.
 
Todo isto debería ter efectos nos Orzamentos para o 2018 para cada unha das administracións. No caso do Estado, os dous sindicatos entenden que non pode ser un impedimento para elo a propia prórroga dos Orzamentos, pois hai antecedentes. En 1990 e 1996, por exemplo, introducíronse melloras nas leis de presupostos, en materia salarial, de emprego ou outras condicións laborais...
Modificado o ( lunes, 29 de enero de 2018 )
Leer más...
 
FeSP-UGT Galicia empraza á Xunta á apertura dun proceso de negociación de emprego Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
jueves, 05 de octubre de 2017

FeSP Galicia insta á Xunta á apertura dun proceso negociador previo a Mesa xeral de orzamentos 2018 para traspoñer o Acordo de emprego estatal no seu ámbito de competencias e levantar a suspensión de Acordos e dereitos salariais e sociais que impuxo a Xunta dende 2012.

En relación co anuncio do Presidente da Xunta sobre a oferta excepcional de emprego realizada, no día de hoxe, no debate parlamentario do estado da Autonomía, que remite a unha oferta de 14.000 prazas, este sindicato valora que no proceso de negociación que se debe formalizar no ámbito da Mesa xeral, débense presentar os datos desagregados de Administración Xeral (persoal laboral e funcionario),  Sergas e de Ensino, e que a cifra final de oferta excepcional até 2020 terá que ser superior para cumprir cos criterios do Acordo de emprego estatal. 
 
As declaracións políticas deben acompañarse de feitos, e polo tanto, o sindicato espera e apela a apertura dun proceso real de negociación de estabilidade de emprego e de recuperación de dereitos económicos e laborais no emprego público galego. 
Modificado o ( martes, 17 de octubre de 2017 )
 
A Xunta de Persoal da área sanitaria de A Coruña esixe a retirada do Proxecto de reforma da Lei Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
jueves, 05 de octubre de 2017

A Xunta de Persoal da área sanitaria de A Coruña esixe a retirada do Proxecto de reforma da Lei Galega de Saúde

 A Xunta de Persoal da área sanitaria de A Coruña, concentrarase mañá xoves, 5 de outubro ás 11, 30h, diante do edificio da Xerencia no CHUAC para esixirlle á Consellería de Sanidade a retirada do Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde, e para amosar  a súa solidariedade coas áreas sanitarias máis inmediatamente ameazadas por este proxecto de reforma.

O Goberno do PP pretende a modificación da Lei de saúde para reducir o número de Áreas Sanitarias, eliminando as áreas sanitarias de A Mariña, Monforte, O Barco e O Salnés.

Esta modificación evidencia o descoñecemento (ou o desinterese) da  realidade xeográfica e socio demográfica da poboación e só servirá para incrementar os problemas para a organización territorial da sanidade pública galega, ao afastar os órganos de decisión e planificación da cidadanía e das súas necesidades sanitaria, centralizando a planificación e a  toma de decisións nos grandes hospitais.

Desmantélanse deste xeito os servizos sanitarios nas zonas máis illadas, distanciándoos da poboación, provocando importantes desigualdades no acceso á asistencia sanitaria e concentrando os servizos para favorecer a súa privatización.

Esta pretendida eliminación de áreas sanitarias pon en risco tamén as condicións laborais dos profesionais: terá garantido un destino nun centro de traballo ou a mobilidade forzosa será a práctica habitual convertendo ao persoal en “ profesionais itinerantes”?

Pero as modificacións que introduce este proxecto de reforma non só afectan  ás/aos profesionais e a poboación das áreas que se pretende eliminar, senón que afectan a todo o conxunto da sanidade galega:

  • As zonas sanitarias, que na actual Lei se delimitan “tendo en conta, en todo caso, as necesidades sanitarias da poboación”, neste proxecto se definen non polas necesidades da poboación senón polos “recursos sanitarios existentes”.
  • Consolida a exclusión da Atención Primaria, xa que nesta reforma non se contempla a capacidade de planificación e xestión do seu propio orzamento.
  • Deíxa a porta aberta a que as persoas que toman posesión tras aprobar unha OPE teñan un destino de carácter provisional, ao establecerse o concurso de traslados como procedemento xeral de provisión nos Centros e Institucións Sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia. Así o persoal que tomase de posesión tras unha OPEs non tería un destino de carácter definitivo ata que non o consolidase, posteriormente, nun concurso de traslados.
  • No capítulo da nova Lei de saúde dedicado á investigación introdúcese unha referencia as prioridades marcadas polos plans de investigación vixentes en cada momento, sen aclarar que plans e que papel xoga neles a sanidade pública e a industria privada, pretendendo lexitimar o modelo privatizador do coñecemento posto en marcha coa creación da Axencia galega para a xestión do coñecemento en saúde. Esta Axencia, ao igual que outras axencias, foron creadas en aplicación da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración pública autonómica, máis coñecida como Lei de creación de chiringuitos, ou como recolle un informe do Consello de Contas, creada para transferir á privada competencias do sector público, e tamén para incorporar cargos de libre designación que non teñen a condición de traballadores públicos, e dicir, para incorporar ás súas amigas e amigos a controlar o sistema público, e servir, prioritariamente, aos intereses privados.
Modificado o ( martes, 17 de octubre de 2017 )
 
Red social para trabajadoras/es de las Administraciones Públicas Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
viernes, 08 de septiembre de 2017

UGT presenta una red social para trabajadoras/es de las Administraciones Públicas

UGT presenta una red social para trabajadoras/es de las Administraciones Públicas

​La Federación de Empleados y Empleadas de los Servicios Públicos (FeSP) de UGT ha diseñado la red social Trabajar en lo Público que informa y permite ordenar y canalizar la información sobre toda Oferta de Empleo Público (OEP) que se convoque en el país. Su objetivo es darle la máxima difusión a todas las plazas que se convoquen desde las distintas administraciones públicas y facilitar el acceso a los ciudadanos.

Esta herramienta interesará especialmente a todas las personas que quieran opositar pero también a quienes ya están dentro de la Administración y pretendan concursar dentro de su categoría, etc. Cualquier persona podrá acceder a todas las novedades sobre empleo público (convocatorias de oposiciones, bolsas de empleo, legislación, becas y ayudas, acuerdos y convenios, formación, temarios, etc.) que vayan publicando de manera oficial las distintas administraciones (local, autonómica y estatal)...#TrabajarEnLoPúblico

Modificado o ( lunes, 20 de noviembre de 2017 )
Leer más...
 
FeSP-UGT Galicia denuncia a sobrecarga de traballo que soporta o transporte sanitario urgente na Cor Imprimir E-Mail
Escrito por FeSP-UGT   
martes, 07 de febrero de 2017

FeSP-UGT Galicia denuncia a sobrecarga de traballo que soporta o transporte sanitario urgente na Coruña


FeSP-UGT Galicia denuncia  a situación que desde hai meses se vén dando no transporte sanitario urxente 061 na área sanitaria da Coruña, na que hai unha gran sobrecarga de traballo. Por este motivo, o sindicato insiste na necesidade de incrementar os recursos dispoñibles para atender a esta poboación.
 
Neste servizo, básico para a cidadanía posto que atenden as urxencias sanitarias na Coruña e zonas limítrofes, os traballadores levan varios meses cunha gran sobrecarga de servizos, chegando a ter problemas para poder dar a substitución de quenda, traballar con servizos en espera por non dalos atendido debido á devandita sobrecarga, co problema grave que pode carrexar para a urxencia que está a esperar, mesmo en ocasións ambulancias doutras zonas son desprazadas para atender esta demanda de servizos, deixando as súas zonas de influencia sen cobertura...
Modificado o ( martes, 14 de febrero de 2017 )
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 20 de 160
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE