INFORME UGT CORUÑA 8 DE MARZO DE 2012 A Situación laboral das mulleres na comarca da Coruña PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DA SITUACIÓN LABORAL DA MULLER NO ÁMBITO TERRITORIAL DA COMARCA DE UGT A CORUÑA
O ámbito de estudio desta comarca son os concellos que conforman a comarca de A Coruña segundo os Estatutos de UGT cuxa correspondencia coas comarcas da Xunta de Galicia son a comarca de A Coruña, a de Bergantiños, a de Betanzos (salvo o concello de Vilasantar) e os concellos de Zas, Cerceda e Monfero. 1. Datos e ocupación e paro na comarca de UGT Coruña. Aumento do 0.2% no número de mulleres afiliadas á Seguridade Social na comarca en decembro de 2011 con respecto ao mesmo mes do ano anterior, pasando de 91.693 a 91.888. Segundo os datos de Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia do afiliado, as mulleres traballadoras da comarca de A Coruña representan unha porcentaxe inferior á dos homes, o 49.1%. Agora ben, esta porcentaxe debido a caída no número de homes afiliados, do 4.8%, ao ser maiores os prexuízos da crise no colectivo masculino, medra no ano 2011, xa que no ano 2010 era do 47.9%. Hai en 2011, 91.888 traballadoras afiliadas á Seguridade social na comarca fronte a 95.084 homes. A participación da muller é superior na comarca á do conxunto de Galicia, onde acada o 47.3%, tendo tamén neste contexto a muller unha menor participación. Na comarca da Coruña realizáronse no ano 2011 139.698 contratos, destes máis da metade a mulleres, o 51.9%. Este reparto equitativo en termos cuantitativos non se traduce en similares condicións á hora da tipoloxía da contratación, xa que a porcentaxe de contratación indefinida sobre o total da contratación é no caso masculino do 9.8% e nas mulleres é moito máis baixo, o 8.3% ... 2. Imparable aumento das cifras de desemprego feminino. UGT neste día 8 de marzo de 2012, Día Internacional da Muller Traballadora, reivindica a desigual situación das mulleres no mercado laboral con respecto aos homes, especialmente, no contexto de crise económica actual, que está a desprazar a atención sobre o esforzo pola loita pola igualdade. No ano 2011 hai un imparable aumento do desemprego feminino, levando a acadar ás mulleres unha taxa de paro do 19.1% (139.477 mulleres desempregadas segundo datos do INEM de xaneiro 2012). Na comarca de A Coruña, o desemprego concéntrase no colectivo feminino; de feito, das 45.839 persoas desempregadas en decembro de 2011, 23.348 son mulleres, o que representa o 50.9%, porcentaxe similar á rexistrada en Galicia (51.3%). Na propia comarca segundo sexa o concello analizado, o peso do desemprego feminino amosa fortes diferenzas, indo dende o 30.4% do concello de Monfero ate o 54.7% no concello de Carral.
3. Análise por sectores de actividade: forte segregación laboral. Por sectores hai fortes diverxencias segundo sexos, xa que no caso masculino hai unha maior diversificación sectorial do desemprego. No que máis desempregados hai con 9.736 é no de Servizos, que representa o 43.3% do total, en segundo lugar está o sector da Construción con 7.378 desempregados, o 32.8% e na Industria con 3.363, o 15%. Con todo, no caso feminino, hai unha forte concentración do desemprego tamén no sector servizo, xa que das 23.348 desempregadas, 16.141 están no sector Servizos, o 69.1%, o seguinte sector en número de desempregadas, pero con menor peso, é o industrial con 3.729, o 16% do total. Evidenciase unha forte segregación laboral horizontal existente no noso mercado laboral, incluso nas situacións máis críticas. As mulleres empréganse principalmente no sector servizos (afectado pola crise pero en menor medida que outros sectores, como o industrial) que se caracteriza por ter unhas condicións laborais máis precarias, como son: - Parcialidade non desexada - Maior temporalidade non causal - Maiores cifras de desemprego En Galicia as porcentaxes indican tamén unha maior temporalidade na contratación no caso feminino, xa que as porcentaxes de contratación indefinida son un 8.6% no caso masculino e un 7.4% no feminino.
4. Diferenzas retributivas estruturais. Coma se denunciou no pasado 22 de febreiro (Día internacional pola igualdade salarial) as mulleres galegas perciben un salario un 23% máis baixo que o que perciben os homes na comunidade. As diferenzas persisten tamén no eido da protección social, tanto nas mulleres desempregadas como nas pensionistas, levando a que as maiores dificultades económicas sigan asociadas ás mulleres.
- Maiores responsabilidades familiares que lastran o acceso ao emprego.
As desigualdades mencionadas converten ás mulleres nas persoas máis vulnerables e aínda que a muller está a incorporarse ao mercado laboral o fai dende unha perspectiva de obtención de segunda renda e cunha maior esixencia e permisividade da sociedade de aceptar traballos menos cualificados e con peores condicións. As políticas de recorte e axuste conducEN a un maior empobrecemento das mulleres e un aumento das discriminacións UGT A Coruña reivindica que no contexto de crise económica que estamos a atravesar, a igualdade laboral entre homes e mulleres ten máis sentido que nunca. A crise non pode ser escusa para darlle opacidade a problemática das mulleres, as dificultades estruturais que a muller atopa no mercado de traballo, con maiores niveis de desemprego, temporalidade e precariedade. Neste senso, UGT denuncia que as políticas de recortes que se están impoñendo na Unión Europea e en España van acentuar as desigualdades. A reforma laboral non só conducirán a unha recesión económica e social, senón tamén a unha recesión na igualdade de xénero. É un feito: os países que máis avanzaron economicamente nos últimos 50 anos son os que adoptaron políticas de igualdade, de formación e de saúde. Pola contra, a desarticulación do noso modelo social, a redución do déficit público e as reformas laborais regresivas, como a actual, fan retroceder a igualdade de xénero. ¿Cómo as políticas de axuste afectarán á igualdade? 1. A intromisión da reforma laboral nas relacións laborais, outorgando maior poder empresarial sobre as condicións dos traballadores/as, vai repercutir en máis precariedade para todos, e un menor cumprimento das políticas de igualdade. 2. Recorte da lei de dependencia. Aos iniciais problemas técnicos de aplicación da Lei de Dependencia, de financiamento e de vontade política para poñela en marcha nalgunhas Comunidades Autónomas, como Madrid e País Valenciano, engádense agora os recortes como o da reforma do réxime de retroactividade. 3. A devandita reforma implica unha importante diminución de ingresos para as mulleres coidadoras e beneficia, sobre todo, ás Comunidades Autónomas que máis tempo tardaron en realizar os recoñecementos de expedientes de dependencia. A partir da modificación operada, as axudas ás persoas dependentes xa non serán retroactivas e só se as Comunidades Autónomas tardan máis de medio ano en resolver un expediente, pagarán o importe atrasado dende o día que supere ese período. |