Actualidade
Actualidade
A pesar da recuperación económica, as condicións de vida dos galegos non melloran Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Galicia   
viernes, 31 de agosto de 2018
A pesar da recuperación económica, as condicións de vida dos galegos non melloranA pesar da recuperación económica, as condicións de vida dos galegos non melloran

  • O paro de longa duración, os recortes en materia de prestacións por desemprego, a temporalidade e a parcialidade involuntaria na contratación contribúen a esta situación
  • O 12% da poboación galega vive en fogares con baixa intensidade no traballo. Este indicador aumenta en máis de catro puntos dende o 2008

UGT-Galicia ven de realizar unha análise das condicións de vida dos galegos e das galegas que arroxa datos realmente preocupantes. Ingresos inferiores á media estatal; unha taxa de risco de pobreza e exclusión social demasiado elevada para unha economía que se supón que está nunha etapa expansiva; as persoas que viven en fogares con baixa intensidade no traballo increméntanse progresivamente; e unha taxa de pobreza, excluídas as transferencias sociais, que xa se sitúa no 34,64% nesta Comunidade.

Unha situación que é froito dunha recuperación económica que non está a chegar aos traballadores nin aos fogares galegos como consecuencia dun mercado laboral incapaz de xerar o volume de traballo que necesita Galicia e cun emprego xerado de baixa calidade que non ten capacidade para atender as necesidades dos fogares galegos. As políticas impostas de recortes nos últimos anos están detrás disto e un claro exemplo no eido laboral foron as reformas laborais impostas estériles en materia de creación de emprego e que só trouxeron consigo importantes bolsas de precariedade para os traballadores galegos.

A renda media do fogares galegos é 1.025 euros ao ano menor que a do resto do Estado

Segundo a Enquisa de condicións de vida do INE do ano 2017 (dato de recente publicación, o 21 de xuño de 2018), os galegos e galegas teñen unha renda media por fogar de 26.533 euros anuais, por debaixo da media estatal que se sitúa nos 27.558 euros, é dicir, 1.025 euros menos.

Se a análise se fai por persoa, tamén resulta máis negativa para os galegos e as galegas, xa que a renda media nesta caso é de 10.753 euros ao ano, fronte aos 11.074 do resto do Estado, unha diferenza de 321 euros ao ano.

Resulta evidente que detrás disto existe unha política salarial, á que imperou nos últimos anos, de depreciación da que urxe saír para rachar esta círculo pernicioso no que se ven inmersos milleiros de traballadores, baixos salarios e precariedade, que leva a unha perda continua de poder adquisitivo. UGT-Galicia agarda que a posta en marcha do IV AENC contribúa á mellora salarial aínda que para iso a parte empresarial non debe poñer atrancos nas mesas de negociación. Neste mesmo senso, as pensións deben recuperar o seu poder de compra xa, así como, os salarios dependentes das administracións públicas que tamén foron diana de importantes recortes nos anos de crise que agora urxe reverter...

Modificado o ( viernes, 31 de agosto de 2018 )
Leer más...
 
Asembleas informativas para analizar as negociacións dun novo AENC Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
lunes, 18 de junio de 2018

 

 

 

UGT-Galicia organiza  nas súas comarcas Asembleas informativas para analizar as negociacións dun novo AENC. Estas asembleas tamén teñen o obxectivo de mobilizar e chamar ás bases a participar, xa que as negociacións están avanzadas, nunha consulta de cara á posible sinatura definitiva do texto.

 

 

Modificado o ( viernes, 31 de agosto de 2018 )
 
UGT e CCOO participan en A Campa 2018 polo dereito ao refuxio Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
sábado, 16 de junio de 2018

  UGT Coruña  participa esta fin de semana no movemento ACAMPA- POLA PAZ E O DEREITO AO REFUXIO

 


UGT Coruña e CCOO participan esta fin de semana nas actividades promovidas por ACAMPA- POLA PAZ E O DEREITO AO REFUXIO, un simbólico «campo de personas refugiadas» instalado en A Coruña, del 14 al 16 de Junio de 2018, a iniciativa da Plataforma das ONGs, organizacións e personas que conforman "Coruña Contra la Guerra". 

Na edición de 2018 o movemento Acampa pola paz e o dereito a refuxio quere chamar a atención sobre un tema moi grave e urxente e, non entanto, aínda non recoñecido por ningún Goberno: o dereito a refuxio por cambio climático. Informes de Nacións Unidas vaticinan que durante as próximas tres décadas as migracións por este motivo afectarán de 250 a 1.000 millóns de persoas. O 90 por cento deses movementos migratorios ocorrirá nos países menos desenvolvidos e dará lugar a novas e cada vez máis numerosas situacións de urxencia humanitaria.

Máis información sobre o evento en: http://rede.acampa.eu 

Modificado o ( viernes, 31 de agosto de 2018 )
 
Concentración sindical hoxe diante da sede da Confederación de Empresarios da Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
martes, 22 de mayo de 2018

Foto de Ugt A Coruña.Concentracións hoxe diante da sede da Confederación de Empresarios da Coruña para demandan un novo acordo para o emprego e a negociación colectiva

 ​Ante a actitude da patronal na negociación do novo Acordo para o Emprego e  a Negociación Colectiva, mantendo posturas extremas que evidencian a súa falta de vontade para chegar a un acordo que traslade aos convenios colectivos a recuperación e o crecemento que xa están ater as empresas, UGT convocou hoxe, día 22,  unha xornada de loita pola negociación colectiva .


Xornada que en Galicia se concretou en catro concentracións nas  sedes das confederacións de empresarios de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. 

Para UGT, resulta inadmisible a posición que manteñen as organizacións empresariais na negociación para a renovación do Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva AENC, non só en relación ao incremento salarial, a xornada laboral e o emprego, senón tamén sobre a propia esencia e funcións que debe cumprir o AENC.

As organizacións empresariais non entenderon que xa non estamos nunha situación de profunda crise como a que vivimos de 2008 a 2013. UGT considera que o gran esforzo feito durante estes anos polos traballadores e as traballadoras debe reverterse agora, cando a economía crece con forza desde fai catro anos, créase emprego (aínda que de baixa calidade) e as empresas non só recuperáronse, senón que se atopan en mellor situación que antes. Por iso, UGT propón na mesa de negociación un Acordo que corrixa os desequilibrios xerados ao longo da crise en salarios, emprego, xornada, saúde laboral, etc.
Modificado o ( domingo, 11 de noviembre de 2018 )
 
16 de maio Concentracións por unhas pensións dignas #Pensionsdignas Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña Cee   
lunes, 14 de mayo de 2018
Foto de Ugt A Coruña.
Modificado o ( viernes, 31 de agosto de 2018 )
 
Milleiros de persoas saíron á rúas o 1º de maio na Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
miércoles, 02 de mayo de 2018

Milleiros de persoas saíron á rúas o 1º de maio na Coruña na manifestación convocada por UGT e CCOO

Milleiros de persoas saíron o 1º de maio á rúa na manifestación convocadas por CCOO e UGT baixo o lema «Tempo de gañar, igualdade, mellor empleo, mayores salarios e pensións dignas».

José Carrillo e  Cristóbal González Triñanes, dirixentes dos dous sindicatos comarcais, demandaron ao goberno e á patronal que, nesta etapa de recuperación económica, a negociación colectiva reflicta una mellora substancial dos salarios en xeral e dos máis baixos en particular, con cláusula de garantía para protexer o poder adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo. Tamén esixiron o aumento dos compromisos empresariais en relación coa estabilidade e calidade do emprego, a redución das desigualdades, a protección da saúde e o investimento produtivo.

 En palabras de Carrillo "O 14℅ dos traballadores e traballadoras en España son pobres por culpa dun goberno que da as costas a quen fixo o maior esforzo da crise"

"Non e unha crise, e unha estafa!" Milleiros de persoas na Coruña saen a rua para criticar unha reforma laboral en contra da clase obreira

Actualmente,nove de cada dez contratos son temporais e a súa duración media é cada vez menor: case a cuarta parte deles duran menos dunha semana. A contratación a tempo parcial, na maioría dos casos involuntaria,gañou peso nestes últimos anos. As mulleres son as principais prexudicadas desta situación. Ademais, o 77 % do emprego a tempo parcial está ocupado por mulleres e a fenda salarial de xénero provoca que deixen de percibir, por un traballo igual ou de superior valor, case 5000 euros anuais.

 Máis pobreza e desigualdade

A desigualdade e a pobreza acadan niveis moi superiores aos que había antes da crise. A pobreza cronificouse: 67.500 fogares teñen todo sos seus membros activos en paro e 34.700 persoas carecen de ingresos.O emprego crece, pero á custa de maior precariedade, pois segue aumentando o número de persoas en risco de pobreza.

Recuperara negociación colectiva

Ante esta situación, os secretarios xerais de UGT e CCOO reivindicaron a necesidade de «revitalizar» a negociación colectiva, para que nela se reflicta unha «mellora substancial» dos salarios en xeral e dos máis baixos en particular, con cláusula de garantía para protexer o poder adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo. Como exemplo puxeron o recente acordo asinado no ámbito do emprego público para a recuperación salarial e da estabilidade do emprego.

 

Pensións dignas e de calidade!

UGT e CCOO demandan dereitos salariais e pensions dignas nunha manifestación que aúna reivindicacións sociais como a protestas por unhas pensións dignas que encabeza UGT dende hai case dous anos, a loita pola igualdade do movemento feminista ou a loita contra a violencia de xénero. 

Un seguemento da manifestación pode verse no twitter de UGTCoruña: https://twitter.com/UGTCoruna

 

 

Modificado o ( miércoles, 02 de mayo de 2018 )
 
Participa no1 de maio: pola IGUALDADE, mellor EMPREGO, maiores SALARIOS e PENSIÓNS dignas Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
lunes, 30 de abril de 2018
Modificado o ( miércoles, 02 de mayo de 2018 )
 
ENTREGA DOS PREMIOS PRIMEIRO DE MAIO MARZO 2018 Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
viernes, 27 de abril de 2018

UGT homenaxea, nos XV Premios Primeiro de Maio, a Carlos Traviesas, a Sección Sindical de Ferroatlántica-Sabón e á xornalista Yolanda López

 

A Unión Xeral de Traballadores conmemorou O pasado 27 de maio o Día do Traballo cos Premios 1º de maio que entrega a Unión Intercomarcal Coruña-Cee da UGT e que este ano cumpriron a súa XBV edición. 

Os XV Premios I Maio de UGT Coruña-Cee recoñecen o labor do sindicalista Carlos Traviesas, nado en A Pontenova e recén xubilado de UGT no Concello de Culleredo despois de 30 anos de dedicación ao concello e á sección sindical da UGT. O actual alcalde de Culleredo, J.R. Rioboo acodeu tamén ao acto de entrega dos Premios I de Maio en recoñecemento do traballo de Carlos Traviesas todos estes anos. 

O segundo premio foi entregado á Sección Sindical de Ferroatlántica- Sabón, que representan a forza sindical maioritaria nunha empresa que se enfronta a grandes retos pola súa dependencia do sector eléctrico. O Deputado no Congreso dos Deputados, Ricardo García Mira, participou tamén no acto, e comprometeuse a levar a voz do comité de Ferroatlántica ao Parlamento.

O terceiro premio deste ano entregóuselle á xornalista da Radio Galega, Yolanda López. Yolanda López traballa na delegacion da CRTVG na Coruña cubrindo a información xudicial e laboral. Na súa traxectoria tamén hai que destacar que foi cofundadora da Asociación Profesional de Xornalistas da Coruña, e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O Secretario Xeral de UGT Coruña-Cee, José Carrillo, entregoulle o premio I Maio en recoñecemento pola boa cobertura mediática que a Yolanda López realiza dos conflitos laborais da comarca da Coruña.

Modificado o ( miércoles, 02 de mayo de 2018 )
 
Entrevista a Pepe Álvarez, Secretario Xeral Confederal de UGT no programa "Alegría" de Cuac FM, Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
miércoles, 18 de abril de 2018

Entrevista a Pepe Álvarez, Secretario Xeral Confederal de UGT no programa "Alegría" de Cuac FM, a Emisora Comunitaria da Coruña.

Álvarez analizou a situación social e laboral en España e destacou a perda de dereitos democráticos, como a liberdade de expresión. A Lei Mordaza, a persecución a twitteros, o peche de emisoras como Cuac FM, o enxuizamento de sindicalistas por exercer o dereito á folga son de extrema preocupación para o líder sindical.

Álvarez recalcou que o Primeiro de Maio debe ser "unha reivindicación masiva de toda a cidadanía en protesta contra o recorte das pensións, pola defensa da igualdade, polos dereitos e liberdades que nos recortaron, non só laborais, senón democráticos"

O líder sindical explica a manipulación mediática que están a sufrir UGT, CCOO, e outros colectivos que manifestan a súa preocupación pola xudicialización ”do conflicto catalán e denuncia que non pode haber prisións preventivas permantentes contra persoas “que non están condenadas e que están detidas só por expresar as súas ideas”.

 

O Secretario Xeral de UGT  solidarizouse coa situación de Cuac FM e reclamoulle ás administracións que restitúan o noso dereito a emitir na FM “pois non existe ningnha razón para que Cuac FM non poda emitir”, como si o fan moitas outras radios


Podedes escoitar a entrevista no podcast 15×21 de "Alegria" de Cuac Fm

Modificado o ( miércoles, 25 de abril de 2018 )
 
As mobilizacións son o instrumento máis importante para cambiar as cousas Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña-Cee   
viernes, 06 de abril de 2018

Pepe Álvarez insiste, nunha asemblea de delegados e delegadas en A Coruña, en que as mobilizacións son o instrumento máis importante para cambiar as cousasPepe Álvarez:"as mobilizacións son o instrumento máis importante para cambiar as cousas"

O Secretario Confederal fixo, nunha asemblea de delegadas e delegados en A Coruña, chamamento á participación masiva nas manifestacións do primeiro de Maio e nas mobilizacións en defensa das Pensións dignas

UGT celebrou este xoves na Casa do Mar en A Coruña unha asemblea de delegados e delegadas na que participaron os secretarios xerais de UGT, Pepe Álvarez; UGT-Galicia, José Antonio Gómez; e UGT-Coruña, Pepe Carrillo. Esta asemblea enmárcase nunha nova etapa na que, tras a crise que sufriu este país e da que foron os grandes pagáns os traballadores e as familias, toca recuperar os dereitos perdidos e mellorar as condicións sociolaborais dos traballadores e as familias deste país.
 
Na asemblea de A Coruña os tres secretarios xerais apuntaron que as mobilizacións hoxe son o instrumento máis importante que temos para cambiar as cousas no noso país e xa propiciaron a incorporación nos Orzamentos Xerais do Estado dalgunhas medidas en relación coas pensións. Medidas que aínda “están a anos luz” das demandas sindicais e sociais. Parece que agora hai algúns recursos, que hai unhas semanas non había. Con todo, os recursos son moi insuficientes e é necesario derrogar a reforma de 2013, imposta polo Goberno do Partido Popular. Neste sentido, UGT ratifica o seu compromiso para que as pensións elévense de acordo co crecemento do custo da vida.
Así mesmo, o Sndicato apela a buscar solucións consensuadas, no marco do Pacto de Toledo e cos axentes sociais, porque non pode ser que as pensións sexan determinadas pola decisión dun partido, ou dous.
 
Por todo iso, UGT fai un chamamento a todos os cidadáns para que haxa unha participación masiva nas mobilizacións, convocadas por UGT e CCOO, o próximo 15 de abril. “Hai máis razóns que nunca para que estas mobilizacións se realicen porque queremos pensións dignas, porque hai que derrogar a reforma de 2013, imposta polo Goberno do PP, e que supón un  empobrecemento xeneralizado e continuo de todos os pensionistas, os actuais e os futuros”.
En canto ao proxecto de  PXE para 2018, na asemblea fíxoxe fincapé en que son  “un parche, un  refrito, teñen máis de publicidade, que de fondo”. Púxose en entredito que poida destinarse de xuño a decembro o 16% de investimentos prometidos en infraestruturas e denunciouse que os orzamentos non atenden ás necesidades sociais que hai no noso país, nin redistribúen a riqueza que se xera.
En definitiva, o Goberno, que non ten maioría, con estes Orzamentos, só pretende liquidar os problemas políticos, chegar a acordos puntuais, en lugar de buscar medidas sólidas, a través dunha maioría sólida.
A loita pola igualdade continúa
Así mesmo, na asemblea destacáronse outros temas prioritarios para o sindicato, entre eles, a loita pola igualdade que “non acaba o 8 de marzo”. UGT demanda ao Goberno que aborde este tema contando coas esixencias e demandas da sociedade. Tamén se fixo fincapé no compromiso de UGT para acabar co acoso e coa violencia que sofren as mulleres.
1.000 euros de salario mínimo en convenio
Respecto dos salarios, destacouse que a perda de poder adquisitivo nos últimos anos é “a pedra que impide a plena recuperación e saída da crise do noso país” e lembrouse que a demanda de UGT é que non haxa ningún convenio colectivo con salarios por baixo dos 1.000 euros.
No Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva “a  CEOE debe ser consciente de que hai que negociar, que non vale dicir, sen facer, que non pode dicir que os salarios son baixos e logo non facer nada para que crezan”.
Por último, na asemblea advertiuse que, se o Goberno non esperta e senta a negociar, ou a patronal non se dá conta de que non é tempo de mirar cara outro lado, “as organizacións sindicais intensificaremos o nivel da mobilización”. As próximas, o 15 de abril e o Primeiro de Maio.
Modificado o ( miércoles, 25 de abril de 2018 )
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 20 de 281
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE