Inicio
ESTAMOS DE REFORMAS!
Escrito por Fala   
lunes, 04 de octubre de 2010

reformas

 

Como podes ver, levamos varios meses sen actualizar os nosos programas de radio.

Circunstancias alleas a Radio Fala obrigáronnos a facer unha mudanza de estudio, e xa se sabe como son as obras...

Agora estamos "construíndo" un estudio radiofónico novo, máis grande, máis bonito, con mellores vistas... e o máis importante, no que podamos seguir facendo o que máis nos gusta: Radio! 

 

 
Angagua VII
Escrito por Angagua   
miércoles, 18 de noviembre de 2009

Hoxe en Angagua... ¿Qué coñeces de Rumanía?

 

rumania

Esta semana visitounos Cosmic Bolea, un estudante de doutoramento en ciencias económicas da UDC, e experto en dereito comunitario.

Cosmic é rumano e descríbenos como é a situación económica, social e política dun dos países da UE máis descoñecidos para os españois. Ademáis, Cosmic compartiu con nos algúns pequenos secretos da vida e do imaxinario colectivo de Rumania... Existiu de verdade o Conde Drácula? Descúbreo de seguido:

audio Escoita o Audio

audio Descarga o Archivo mp3
 

"Barra de Bar"

alakranaLiberado o Alakrana, son moitas as dúbidas que a cidadanía temos aínda de cómo aconteceron os acontecementos e as negociacións. En Angagua tamén temos a nosa propia opinión dos feitos.

Informamos, ademáis, da nova convocatoria de manifestación que fixeron os sindicatos maioritarios para o vindeito 12 de decembro.

audio Escoita o Audio 

audio Descarga o Archivo mp3 

 

 "Actualidade Kultural"  

coruna visibleRecomendámosvos a actuación, no Coliseo da Coruña de "Fito e Fitipaldis", que terá lugar o vindeiro venres 20  de novembro.
 
Pero a actualidade da fin de semana ven cargada de moitas opcións máis: cine científico e de terror no Fórum Metropolitano, o Festival polifacético A Coruña Visible.
 
Anticipándonos á semana que ven, recomendámosvos a obra de teatro "La omisión de la Familia Coleman", do escritor e director arxentino Claudio Tolcachier. Non tedes escusa para non saír da casa!
 
audio Escoita o Audio

audio Descarga o Archivo mp3